sábado, 11 de mayo de 2013

CAPERUCITA, "CAMBIA O CONTO" ,3º ESO

Este curso repetimos a actividade das camisetas , a única diferenza é o tema , o noso conto xa non é Alicia , o mundo das marabillas  esfumouse e nace unha nova super heroína nas Barxas, CAPERUCITA¡.
 Unha caperucita disposta a cambiar o conto , que non dubida e non ten medo de cambiar de camiño ou de enfrontarse ao lobo , cunha avóa disposta a non ser o almorzo de ninguén, ou un cazador que non quere cazar xa que ama aos animais.

Decididamente nas Barxas cambiamos o conto.
Esta actividade  forma parte do proxecto interdisciplinar "AS BARXAS EMPRENDE" no que plástica leva traballando desde fai anos,ver proxectos:ENLACE





Reciclando camisetas, CAPERUCITA from google
 E o noso anuncio.

sábado, 30 de marzo de 2013

¡Non che teño medo, moucho, moucho, non che teño medo!

Esta  animación ilustra un poema de Rosalía de Castro 
¡Non che teño medo, moucho,

 moucho, non che teño medo!
É un novo video-poema  dos alumn@s de plástica de 4º ESO e Antón Entenza de 2ºESO, posuidor dun gran talento para a ilustración.

Os debuxos foron realizados previamente con carbón , fotografados para despois ser retocados con photoshop e posteriormente animados coa aplicación photo puppet HD para o ipad. 
 Finalmente xuntamos os pedazos de animación  co imovie,(si esperades ao final do video poderedes ver un pouco do making off)

















sábado, 19 de enero de 2013

PREMIO EDUCA BARRIÉ, PRODUCTORA AS BARXAS



Desde o 2008 estamos traballando de xeito conxunto co departamento de economía.
 En educación plástica producimos e en economía crean a empresa  , este ano embarcámonos nun novo proxecto "unha productora audiovisual ", o recurso audiovisual utilízase en educación plástica desde fai anos , e temos demostrado que é moi motivador , esta vez utilizarémolo para crear informativos , e xa contamos coa nosa propia canle you tube para o proxecto.........LER MÁIS

sábado, 8 de diciembre de 2012

XEOMETRÍA ANIMADA, 3º ESO C y D

A xeometría non ten por que ser aburrida , neste traballo tiñamos que realizar unha animación a partir dunha rede de tríángulos que podía acabar nunha metamorfose , dando renda solta á nosa imaxinación, cada un realizou máis de 20 debuxos en papel vexetal ,un traballo en grupo onde a coordinación é fundamental.
Antes de realizar esta actividade , primeiro recomendámosvos visualizar un pouco de videoarte e a xeometría animada do artista MIRAI MIZUE.

Roxana e Ana explícannos como realizaron o seu  anaco  de animación



sábado, 24 de noviembre de 2012

Un retrato diferente , 4º ESO

Un día de choiva quítanos a todos as ganas de pintar no patio , a arte é así,o mural que temos programado terminar para finais do primer trimestre resístese , pero o ánimo non decae , ás veces é bo descansar un día con outra actividade , para retomar con forza o proxecto inicial.
 A nova actividade é a creación dun avatar integrando unha ilustración nunha foto, coas que despois realizaremos un cómic, mostrando o noso peculiar xeito de ver as cousas , sempre creativos.




  • Este curso  empezámolo contado como se fai unha rotoscopia e creando unha animación para "RECITAR A Celso Emilio".VER ENLACE.
  • Pensamos darlle vida a un curto protagonizado por Alicia a partir dun guión creado por Iria Collazo e musicado polo obradoiro de "musicasbarxas" con Seso .
  •  E como non, continuar co proxecto murais didácticos , este ano o departamento de lingua castelá e galega vannos orientar cos contidos , un mural que ensina á vez que crea un entorno máis agradable no patio do  centro.
      Hopper e as súas mulleres lectoras serán o noso modelo e     
      inspiración 
                                          O proxecto montado co photoshop



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...