domingo, 30 de abril de 2017

AULAS SEN FUME

Este trimestre pasado , estivemos a traballar de cheo no proxecto "AULAS SEN FUME",  un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" dá Consellería de Educación.
Dirixido a nenos e nenas de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais.

1ª- Despois de realizar unha serie de carteis , os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B escollemos o que máis nos gustaba para representar a nosa aula .




 2º- Traballamos ao redor do slogan escollido en cada aula , realizamos un guión  e o seu story board .




3º Probamos por primeira vez distintas técnicas de animación e quedámonos con estes dous proxectos dos realizados na aula , esperamos que vos gusten.




1 ESO A



1 ESO B
 

martes, 21 de marzo de 2017

AO PRIMEIRO SINAL VAITE¡









A proposta didáctica é unha campaña para loitar contra a VIOLENCIA DE XÉNERO, na que partimos da coñecida imaxe “O iceberg da violencia de xénero “ de AMNISTÍA INTERNACIONAL , onde aparece reflectida a violencia visible e a invisible . 
E detectamos as actitudes MACHISTAS na parella, normalmente sutís e disfrazados de probas de amor. ​
Despois dun debate e contrastar opinións , decidimos repartirnos o traballo: un grupo realiza o mural sobre a violencia de xénero visible e invisible, e o outro grupo de 3º decide alertar ás súas compañeiras para que estean atentas aos sinais machistas. ​

 Previa elaboración dos textos e ilustracións realízanse as animacións que se conectarán ca maxia da aplicación AURASMA.
 As animacións asociadas ás imaxes son vídeos de 15 segundos que están dramatizados con frases e a voz do alumnado . ​ Compartiremos as nosas auras no gran muro virtual que son as redes sociais, co hashtag #expoBARXASviolenciadeXénero. ​
Por último realizaremos unha exposición que estará dúas semanas no hall do IES As Barxas desde o 8 de marzo do 2017.
Trátase dunha exposición con todos os requisitos, despois de traballar en Educación Plástica nos cursos de 3º ESO A e C a produción e proxecto artístico: con ilustracións, animacións, textos e dramatización, creación do mural e da Realidade Aumentada a exposición vai ser comisariada por M José Soto e o seu alumnado de Economía. ​

PROCESO ​

1º Realizaremos unha serie de ilustracións ​

2º Realizaremos unha animación de 15 segundos que reflicta cada palabra do iceberg . ​

 3ª Dramatización das distintas frases . ​

 4º Descargamos no noso dispositivo movil a app AURASMA e asociamos a capa virtual a cada imaxe . ​

5º Poñemos nome a nosa aura e incluímola no canle "AO PRIMEIRO SINAL VAITE¡

 6º para que todo o mundo a poida visualizar as animacións é necesario ser seguidor da nosa canle de R A , creamos un código QR coa ligazón da CANLE para facilitar a súa visibilidade .

 VER LIGAZÓN  https://luzbelos.wixsite.com/violenciadexenero

domingo, 29 de enero de 2017

PREMIO da FUNDACIÓN COLEXIO BASE para o proxecto colaborativo "Contamos Con eMOTION"


PREMIO da FUNDACIÓN COLEXIO BASE para o proxecto colaborativo "Contamos Con eMOTION" , que coordino xunto ao profesor de MÚSICA  Juan Carlos de Miguel , e que conta xa cun equipo de máis de 80 profesores , non podemos estar máis felices por este recoñecemento.
GRAZAS .





https://educortos.blogspot.com.es/2017/01/sobre-contamos-con-emotion.html

Aquí queda o vídeo da entrega de premios e o taller:



lunes, 21 de noviembre de 2016

A nosa experiencia "Superheroes & superheroínas ". en "Escuelas en Red"

Comparto a 2º parte do precioso artigo de  Rodrigo Juan García na edición dixital do Blogue do País "Escuelas en Red", sobre a nosa experiencia "Superheroes & superheroínas ".
  Moitísimas grazas Rodrigo unha vez máis por visibilizar a arte na educación .




  VER LIGAZÓNS




    lunes, 7 de noviembre de 2016

    "Os superheroes non están en Marvel"- artigo do País en "Escuelas en Red"

    Comparto este marabilloso  artigo de Rodrigo J Garcia na edición dixital do Blogue do País "Escolas en Rede" sobre o proxecto "superheroes e superheroínas"
    http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/superheroes-en-el-instituto-moaña.html




    Esta é a primeira parte , en quince días , a segunda.
    Grazas Rodrigo , por compartir tantas e tantas experiencias de aula , que demostran que  hai unha educación publica  que  temos que valorar e defender , unha educación pública marabillosa grazas aos docentes que habitan nela, eles son os meus superheroes e superheroínas .  
     #aArteIMPORTA,  e importa tamén a súa presenza na educación.


    viernes, 28 de octubre de 2016

    TRANSFORMANDO REALIDADES premiado pola "PLATAFORMA PROYECTA"



    Onte 28 xoves, tivo lugar  o VII encontro InspiraTICS en Arteixo, ao final da xornada educativa recibimos un premio á Innovación Educativa da " Plataforma Proyecta", promovida pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre por "TRANSFORMANDO REALIDADES",  proxecto  colaborativo que trata do poder da ARTE como elemento transformador.

     

    Un curso máis no que  traballaremos  xuntos o departamento de Economía e Educación Plástica  para desenvolver e coordinar un novo  proxecto.  Este ano a arte unirá a gran  parte dos profesores do IES as Barxas e do Morrazo.
     Ágora SI  podemos berrar ben alto que somos ese centro creativo que presume unha placa  colocada na entrada do noso  centro, concedida polo ministerio de educación grazas o premio CREARTE   no ano 2011,  #aArteImporta¡¡


     VER NOTICIA  "LA VOZ DE GALICIA "


    martes, 25 de octubre de 2016

    SUPERHEROES e SUPERHEROÍNAS gañador nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

     O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.
     Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual .
    Podes atopar o proxecto nesta páxina http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes


    sábado, 2 de julio de 2016

    PROXECTO AUDIOVISUAL: SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS



    Este ano o noso proxecto audiovisual no IES as Barxas enfócase nos superheroes e nas superheroínas.
    Pero, que son para nós os superheroes?
    Os nosos superheroes   estan á fronte de batallas moi duras , esta é a nosa homenaxe a todos eles,  tratando   temas como: o bulling ,a transexualidade ,a saúde mental, o cancro, ou os malos tratos . 

    Aquí queda a ligazón á páxina web do proxecto  que traballei este ano co meu alumnado de Educación Plástica , nela podedes ver todas as curtametraxes:  http://luzbelos.wix.com/-superheroes









    sábado, 21 de mayo de 2016

    ANIMAMOS "Canta o cuco"

    Aquí deixo dúas animacións realizas polos alumnos de plástica de 1ESO C º e 3ª da ESO do IES as Barxas.
     Un traballo realizado a partir do Libro "Canta ou cuco" editado por Galaxia na colección de Sonárbore, de Uxía  e Magín con Poemas de Manuel María.
     Realizado co motivo de celebrar o día das letras galegas no noso IES.





















    Falan de nós na CRTVG : http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/uxia-e-magin-blanco-estrean-o-videoclip-a-cidade-sobre-un-poema-de-manuel-maria





    martes, 8 de marzo de 2016

    VÍDEO HOLOGRAMA, instalación artística para Maruja Mallo. Día internacional da muller , 8 DE MARZO



    VÍDEO HOLOGRAMA, instalación artística para Maruja Mallo. from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

    Este 8 de marzo decidimos resucitar á marabillosa Maruja Mallo, muller, artista e galega , para iso só necesitamos:
    • Un editor de fotos , Gimp para montar as imaxes fixas en cruz .
    • Para animar o noso holograma o software libre, Vectorian  Giotto.
    • Un editor de vídeo para xuntar o noso traballo.
    • Por último unhas láminas de acetato, para proxectar o vídeo do noso computador nas paredes dunha pirámide truncada.

    A idea da caixa: necesitabamos un espazo escuro , a entrada do noso instituto é demasiado luminosa para a nosa instalación artística.

    Este é  o vídeo titoríal de como preparamos a nosa animación,  realizado por André Barcia (3º ESO C) .



    Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

     Se queredes ver o holograma ANIMADO de Maruja Mallo no voso computador, aquí queda o noso vídeo ANIMADO para proxectalo. 



    HOLOGRAMA MARUJA MALLO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
            1º retrato de Maruja Mallo da artista Lara Pintos  


    As medidas  para realizar a nosa pirámide truncada para un portátil  de 13".










    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...