Un retrato diferente , 4º ESO

Un día de choiva quítanos a todos as ganas de pintar no patio , a arte é así,o mural que temos programado terminar para finais do primer trimestre resístese , pero o ánimo non decae , ás veces é bo descansar un día con outra actividade , para retomar con forza o proxecto inicial.
 A nova actividade é a creación dun avatar integrando unha ilustración nunha foto, coas que despois realizaremos un cómic, mostrando o noso peculiar xeito de ver as cousas , sempre creativos.




  • Este curso  empezámolo contado como se fai unha rotoscopia e creando unha animación para "RECITAR A Celso Emilio".VER ENLACE.
  • Pensamos darlle vida a un curto protagonizado por Alicia a partir dun guión creado por Iria Collazo e musicado polo obradoiro de "musicasbarxas" con Seso .
  •  E como non, continuar co proxecto murais didácticos , este ano o departamento de lingua castelá e galega vannos orientar cos contidos , un mural que ensina á vez que crea un entorno máis agradable no patio do  centro.
      Hopper e as súas mulleres lectoras serán o noso modelo e     
      inspiración 
                                          O proxecto montado co photoshop



Comentarios

Sergio DS ha dicho que…
Enhorabuena por esos simpatiquísimos y creativos "retratos", me gustan mucho, eso sí que es una cantera de artistas.

Entradas populares