A viaxe ao futuro da Muller Lamprea

"Para os que non coñezades á Muller Lamprea, direivos que é alguén moi especial. É quen de coidar os soños dos máis pequenos; viaxa a afastados lares nunha soa noite, por terra, mar e aire, e consegue arredar as sombras escuras dos prexuízos que, ás veces, se adentran nos nosos pensamentos...."

Así comeza a nova aventura da "muller lamprea" un conto escrito pola nosa profe de galego Iria Collazo.

Unha animación dos alumn@s de educación plástica de 1ºESO D do IES as Barxas coa colaboración do grupo do "Obradoiro de plástica" que temos nos recreos.















 Crear é divertido , útil e necesario , serve para fabricar ideas NOVAS, é o único xeito que coñezo para aportar luz.
E iso é o que fai a nosa super heroína,ser luz nun mundo gris, sen cores nin matices.



MULLER LAMPREA III from Edu Plástica on Vimeo.

Comentarios

Entradas populares