VÍDEO HOLOGRAMA, instalación artística para Maruja Mallo. Día internacional da muller , 8 DE MARZO
VÍDEO HOLOGRAMA, instalación artística para Maruja Mallo. from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Este 8 de marzo decidimos resucitar á marabillosa Maruja Mallo, muller, artista e galega , para iso só necesitamos:
- Un editor de fotos , Gimp para montar as imaxes fixas en cruz .
- Para animar o noso holograma o software libre, Vectorian Giotto.
- Un editor de vídeo para xuntar o noso traballo.
- Por último unhas láminas de acetato, para proxectar o vídeo do noso computador nas paredes dunha pirámide truncada.
A idea da caixa: necesitabamos un espazo escuro , a entrada do noso instituto é demasiado luminosa para a nosa instalación artística.
Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Se queredes ver o holograma ANIMADO de Maruja Mallo no voso computador, aquí queda o noso vídeo ANIMADO para proxectalo.
HOLOGRAMA MARUJA MALLO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
1º retrato de Maruja Mallo da artista Lara Pintos
- O noso agradecemento por deixarnos utilizar o seu fermoso retrato de Maruja Mallo para o noso holograma , aquí deixámosvos unha ligazón á súa obra http://www.larapintos.com/works/retratos/
Comentarios