+ ARTE no FESTIVAL AUDIOVISUAL




Este curso en 4º da ESO o alumnado de Plástica realizou 7 CURTAS cun nexo común, todas parten dunha obra de ARTE, a partir da cal desenvolveron unha historia de transcendencia social. ​ ​​ 
Ademais contamos cunha nova sección no FESTIVAL AUDIOVISUAL: "ANIMACIÓN para CONCIENCIAR". Porque a animación é ARTE en MOVEMENTO que serve para imaxinar, crear mundos posibles ou imposibles, expresar, concienciar e este ano en concreto para reflexionar sobre a doazón de órganos ou os hábitos pouco saudables, como o do tabaco. Estas creacións son froito do traballo do alumnado nas novas materias creadas este curso no IES as Barxas: 1º BACH con IMAXE EN MOVEMENTO e ANIMACIÓN para 2º BACH. ​​As ganas de seguir aprendendo, motivando, emocionando e revolucionando desde a creatividade son o noso motor. ​ 

 O proxecto AUDIOVISUAL “CARANGUEXO FILMS” parte da área de Educación Plástica e Audiovisual do IES as Barxas e implica a toda a nosa comunidade educativa. Naceu non só co obxectivo de producir curtas e animacións, senón co de desenvolver as capacidades persoais e profesionais do alumnado (e de toda a nosa comunidade educativa). Desenvólvese durante o segundo e terceiro trimestre, e necesita de moitas horas de traballo extra fóra de horas de clase. Nace coa escritura do guión, coa elaboración dun storyboard, co uso de cámaras, coa rodaxe, coa edición e montaxe , co retoque fotográfico ou coa animación 2D, incluíndo a difusión en rede (blogue, youtube, vimeo, facebook...) 
Contamos de novo coa colaboración do departamento de Economía dirixido por M José Soto, que un ano máis uníronsenos para   difundir o evento e crearon camisetas co noso logo. Grazas a ela e ao seu  alumnado, o día do Festival gozamos dunha deliciosa merenda e ademais decoraron o centro xunto ao alumnado de Plástica para que o día do VII FESTIVAL fose inesquecible. O departamento de Galego con Iria Collazo traballou na corrección dos guións e escribiu o novo guión da  "Muller Lamprea"; Filosofía con Brais Pérez traballou no guión de "Sereas no Morraso"; Eugenia Fernández coa corrección de guións en Castelán ; Orientación con Charo Lorenzo na supervisión das curtas, e tamén contamos con todos os/as actores e actrices dirixidos polo noso alumnado (Moisés, Francisco Torrado, Euge Fernadez, Inés Padín, Manolo Rúa , M Jose Soto, Fini Lorenzo, Charo Lorenzo, Ángeles Pico , Olegario...). 
Contamos tamén coa colaboración de pais, nais, irmáns, irmás, avós, de VÍNCULO con Emma Ovín , de escritores como Miguel Ángel Alonso Díz, do técnico de sonido Germán que nos acompañou en ensaios e durante todo o Festival, dos mariñeiros da vila que nos deixaron un barco e ata o párroco nos permitiu rodar nas súas instalacións. 
Un proxecto que une e emociona, unha ferramenta poderosa para conectar .
E como a ARTE debe ser un mazo para cambiar a sociedade , desde este espazo berramos : 
EU SI CREO QUE A ARTE PODE CAMBIAR O MUNDO!

LIGAZÓN AS 15 CURTAMETRAXES E ANIMACIÓNS
NA WEB DO PROXECTO https://luzbelos.wixsite.com/arteaudiovisual










Foto de familia realizada pola PLATAFORMA PROYECTA


Comentarios

Entradas populares