"AVOAS " 8 de MARZO, Exposición homenaxe



Este ano no IES as Barxas con motivo do 8 de MARZO 
realizará unha Exposición homenaxe ás nosas avoas.
O alumnado de Educación Plástica Visual e Audiovisual de distintos cursos dedicou o seu traballo ás súas AVOAS , elas son historia viva do que nós somos agora , son a MEMORIA do noso pobo.
Isto é só unha pequena homenaxe a esas mulleres loitadoras que nos apoian e apoiaron sempre con amor incondicional , tamén queremos lembrar con agarimo as que xa non están connosco .
A exposición estará comisariada polo alumnado de economía.
ESTADES TODAS E TODOS CONVIDADAS/OS ¡¡¡ #AlumnadoProductorDeArte #ExposiciónAsBarxas
A inauguración terá lugar o venres 9 de marzo ás 12:00
e poderá ser visitada durante todo o mes de marzo de 9:00 a 14:30
e os luns pola tarde de 16:30 a 18:10










Comentarios

Entradas populares